Ensino Profesional Galego, S.L. xorde en abril de 1998, co fin de dar cobertura á demanda de ensinanzas formativas orientadas ó Sector Martímo na súa faceta regrada por STCW78/95, Industria do Gas-petróleo (onshore/offshore), Auxiliar do Gas- Petróleo e á non menos importante actividade do ensino e adestramento de efectivos da protección civil, brigadas forestais, prevención de riscos laborais e capacitación específica en equipos de elevación-transporte, etc...
Tras cinco anos de intensa actividade, o desenvolvemento e programación de noventa e nove (99) cursos diferentes, seis mil (6000) alumnos formados e innumerables felicitacións polo noso bon facer formativo, facemos fronte ó futuro perseguindo o total afincamento da Calidade Formativa e Documental e a consolidación das nosas actividades.
Estas actividades, no seu aspecto marítimo, cobren: dende as demandas do arrizado pescador de baixura, ata as específicas, dirixidos a Capitáns, Capitán Staff ou Oficial de Seguridade dos grandes buques cruceiros, pasando por todos e cada un dos Cursos Training STCW.
O nos cualificado persoal docente, as instalacións fixas e móviles, a disponibilidade de simuladores de todo tipo e o equipamento de elevación-transporte, dannos total mobilidade xeográfica, versatilidade no desenvolvemento dos cursos programados e permítennos a readaptación ou estudio de todo tipo de ensinanza- formación ou adestramento, adaptándonos en tódolos casos á demanda formativa de cada cliente en particular.Cumprindo sempre as máis estrictas normas de calidade e confidencialidade.