Facendo honra ó propio nome, o noso centro nace e desenvólvese cun marcado espirito de leva-lo ensino e a formación profesional, tan lonxe como as lexislacións, regulamentos, administracións e organismos dos distintos países que nos homologan o permitan.

Os noso límites, soamente os asinalan, a excelencia que esiximos ás nosas instalacións fixas e móviles, ós medios humanos e ó material didáctico desenvolto específicamente para cada programa e curso, asi, como, a rigorosidade que poñemos en todas e cada unha das materias impartidas, cumprindo en ditos procesos as máis estritas Normas de Calidade aplicables ó Ensino- Formación e ó control da documentación que dita actividade xenera. Para este fin dispoñemos dos correspondentes certificados de Aprobación, UNE en ISO 9001:2000 e Quality Standards ISO 9001:2000 froito, en ámbolos dous casos, da preceptiva Auditoría Externa.